AS REDES SOCIAIS

 Eu creo que, en xeral, os adolescentes sí que están enganchados ás redes sociais. Xa que hoxe en día, se te fixas, un adolescente non pode saír de casa sen o móbil, é completamente necesario para eles, ahí o teñen todo: a xente coa que falan, as fotos, mesmente textos que escribiron, recordatorios...  e por suposto, as redes sociais. 

Todo o mundo ten hoxe redes sociais, e o que non as ten é porque é un pouco raro. Non é nada malo telas. Son unha fonte de información, para estar ao día, e que te mostra únicamente cousas do teu interés e que ti elixes. Serven tamén para entreterse e aprender cousas novas. 

Ata ahí ningún problema. Este vén á hora de publicar cousas. Para os adolescentes é moi importante ir comentando todo o bó que lles pasa. Por exemplo, se se van de viaxe, é imprescindible subir unha historia a instagram dunha foto de onde están coa ubicación, ou se é o teu cumpreanos gústache que te feliciten mediante historias publicadas ou posts, como moito. Tamén en TikTok. Como é todo un algoritmo para que só te saian vídeos que te interesen, cando te pos a ver vídeos non es capaz de parar, porque che gustan todos. E ahí sí que invirtes e malgastas tempo. 

Cada app ten o seu, pero o que comparten todas é o número dos seguidores. Para a sociedade actual os seguidores son cruciais entre os adolescentes. Case van da man coa súa reputación e dignidade. Se tes moitos seguidores eres mellor, e se tes pouquísimos es un don ninguén e un friki. A xente, normalmente, quere estar cos que ten moitos seguidores, porque son máis "guais". E iso é unha forma de enganche, porque sempre están pendentes de se suben de seguidores ou se baixan, hai incluso xente que os compra, ou que se baixa aplicacións extrañas para conseguilos. Se te despistas, a fastidias, e por iso hai que estar continuamente enganchado, para que todo siga "correcto".

Se eu tivera un fillo enganchado, non sei o que faría, pero supoño que lle falaría acerca da importancia da vida real, máis que da dixital. E que aínda que non é malo, sempre hai que saber usalo, coma todo. Se así non conseguira nada,  xa sería máis difícil, tería que castigalo dalgunha forma e prohibirlle o móbil ou as redes ata que se mentalizase de que se poden usar, pero nunha xusta medida, para que non se lle vaia a cabeza. 







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Margaret Bourke-White